Clip da campaña Mr. Goodfish


¿Por que é importante Mr. Goodfish?


Se queres seguir comendo peixe, é importante que elixas o peixe correcto. Empeza hoxe mesmo!
As reservas de peixe e doutros animais mariños non son ilimitadas. Moitos son vítimas da sobrepesca.

Seguindo os consellos de Mr. Goodfish, non só descubrirás novos e deliciosos produtos do mar, incluíndo peixes, mariscos e crustáceos, tamén descubrirás formas orixinais de variar as túas comidas e gozar do peixe de tempada.

Os consellos de Mr. Goodfish permitiranche comprar peixe e ao mesmo tempo, preservar os recursos pesqueiros. Con Mr. Goodfish, é posible ser un consumidor responsable e tamén axudar a fomentar o consumo sostible.

E por último, pero non menos importante, Mr. Goodfish ofrece receitas de peixe e marisco sinxelas e orixinais de Gastrónomas e restaurantes con estrelas Michelín; ¡sentarse a comer peixe e/ou marisco nunca volverá ser o mesmo!

¿A quen vai dirixido Mr. Goodfish?


> A calquera que goce comendo peixe, na casa ou no restaurante.

> Ás peixarías e restaurantes que venden e compran peixe.

Good for the sea, good for you

QUEN É MR. GOODFISH?


Mr. Goodfish é o nome dunha campaña que promove o consumo sostible de produtos mariños, presentada por tres acuarios baixo o amparo da World Ocean Network: Nausicaa-Centre da Mer, en Francia, o Acquario dei Genoa, en Italia e o Aquarium Finisterrae en España. En conxunto, atraen a máis de dous millóns e medio de visitantes cada ano.

Ademais dos patrocinadores da campaña en xeral (Planete de Mer e IUCN), moitos dos colaboradores destas institucións tanto a nivel rexional como nacional adheríronse á campaña Mr. Goodfish, tal é o caso do Lonxa da Coruña e Pescaldía (empresas pesqueiras) en España, peixerías e cadeas de venda polo miúdo por suposto restaurantes posuidores de estrelas Michelín... Todos eles colaboran para intentar cubrir na súa totalidade a cadea de custodia que vai do mar (ou do criadeiro) ata o prato.
TRABALLANDO xuntos
para que o día de MÁÑÁ
queden peixes no mar

¿Como pode axudarche Mr. Goodfish?


Os consellos de Mr. Goodfish son sempre construtivos. Non hai reprimendas, só boas recomendacións sobre os produtos do mar que podes consumir e sentirte ben facéndoo, xa que proveñen de poboacións
abundantes e sas.

Mr. Goodfish publica unha lista de peixes e mariscos de tempada que respectan os talles mínimos das poboacións mariñas saudables. Ademais, permíteche escoller entre unha gran variedade de produtos pesqueiros, axudando deste modo a promover o desenvolvemento sostible.

A lista de especies recomendada por Mr. Goodfish é elaborada, para cada estación, por un Comité de Expertos que inclúe a un representante da industria pesqueira, a un científico, a un membro do sector comercial e a un científico da World Ocean Network.

> Se fas click aquí atoparás:
As especies recomendadas para cada época do ano por cada un dos membros, con fotografías e receitas.
Especies novas coas que poderás variar o teu menú, así como receitas sinxelas elaboradas por cociñeiros famosos.

 

Especies novas coas que poderás variar o teu menú,
así como receitas sinxelas elaboradas por cociñeiros famosos